O Circuíto Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2012 chega ó seu ecuador

Logo da V Carreira Popular Río Mao de Bóveda, puntuable para o circuíto, o número de participantes en cada unha das probas integrantes supera ás pasadas edicións, sumando un total de 1.300 corredores. Dado que as puntuacións dos 10 primeiros clasificados están moi igualadas, serán decisivas as próximas citas en Pantón (2 de xuño, na XII Carreira Popular Rota do Románico), Sober (24 de xuño), 15 de xullo (Ribas de Sil) e 4 de agosto (O Saviñao). A clasificación masculina está liderada por Ramiro Méndez, do Club Atletismo A Gándara de Monforte, equipo que ten outros tres membros entre os 10 primeiros clasificados. Na categoría feminina, encabeza Teresa Corral, do Club Atletismo Coruña Comarca, e a representante do Club Atletismo A Gándara de Monforte, Natalia Gran, ocupa a sexta posición.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Plataforma defende o apoio “non partidista” dos colectivos cidadáns e empresariais ás súas reivindicacións

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo situará 90 sinais en todos os accesos a Terras do Miño e Os Ancares

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss