O parque temático do Museo do Ferrocarril de Galicia dinamizará o verán de Monforte en festivos e fins de semana

• O atractivo turístico e de ocio do Museo ferroviario confirmouse o pasado ano co éxito da I Xuntanza de Minitrens • Nenos e grandes poderán disfrutar dun percorrido en minitren polos xardíns do Museo

Imaxe de arquivo do percorrido do minitren con locomotora eléctrica polos xardíns do Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte. MUFERGA

A Asociación de Amigos do Museo do Ferrocarril de Galicia ven de organizar nas instalacións do Museo do tren en Monforte unha serie de actividades destinadas a ofrecer unha opción de ocio temático e, ó mesmo tempo, unha posibilidade de adentrarse nos segredos da historia e do mundo do ferrocarril galego. A idea xurdiu logo de comprobar o gran poder de convocatoria da I Xuntanza de Minitrens, celebrada no Museo do Ferrocarril en 2011, que levou un bo número de visitantes ás instalacións monfortinas, interesados en revivir a pasión da infancia polos trens a bordodo circuito en minitren e, de paso, coñecer o Museo en profundidade.

HORARIOS

O programa que ofrece o Museo do Ferrocarril estará en funcionamento nos meses de xuño, xullo e agosto, nos festivos e fins de semana. As actividades incluirán a posibilidade de realizar un circuito no minitren de 5 pulgadas, composto por unha locomotora eléctrica e 4 vagóns de pasaxeiros, con capacidade para 12 persoas, tanto nenos como adultos, os venres pola tarde e sábados, domingos e festivos de 11 horas a 21 horas. Como complemento a esta viaxe, no andén do xardín habilitarase o vagón restaurante, con servizo de cafetería e terraza. Pola súa parte, as visitas guiadas ó Museo terán lugar en sábado e domingo ás 12 e ás 18 horas, co acompañamento dun guía, viaxe no “tren obreiro” ata o Antigo Depósito de Tracción Vapor, e rematando coa proxección no vagón audiovisual do documental “Historia do Ferrocarril en Galicia”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober pon en marcha unha campaña de vacinación canina

Seguinte Nova

O goberno provincial alerta das consecuencias da modificación da Lei de Demarcación e Plan Xudicial do Goberno do PP

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: