Quiroga organiza para xuño un programa de sendeirismo para rapaces e rapazas de 8 a 12 anos

Durante os catro luns do mes de xuño, o Concello de Quiroga porá en marcha a actividade “Sendeirismo limpo polo río Quiroga”. Este programa vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos, que percorrerán tramos do río Quiroga contribuíndo a manter limpos os espazos fluviais.

PREMIO DE CAMISETA E EXCURSIÓN

As marchas realizaranse das 16,30 horas ás 18 horas, e os participantes deberán ir equipados con merenda da casa, auga ou outra bebida refrescante e roupa e calzado cómodos. Como premio por limpar o río Quiroga, os participantes recibirán unha camiseta do concello de Quiroga e disfrutarán dun día de excursión a O Caurel con picnic incluído, o xoves 28 de xuño. Ademais, as clases da ludoteca rematarán o xoves 21, cunha festa de despedida. Os campamentos de verán comezarán o 1 de xullo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Youtube e viticultura: o noso mundo medra en galego

Seguinte Nova

Sober pon en marcha unha campaña de vacinación canina

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss