Suben un 1,37% as afiliacións á Seguridade Social no turismo

Segundo informou a Secretaría Xeral para o Turismo, Galicia rexistrou no pasado mes de abril un total de 68.487 afiliacións á Seguridade Social en actividades relacionadas co turismo, 926 afiliacións máis que o mes anterior, o que supón unha suba do 1,37%. En canto ó réxime de cotización, en abril deste ano contabilizáronse 43.688 afiliacións no o réxime xeral e 24.799 de autónomos. No cómputo global, as actividades vinculadas ó turismo representaron en abril de 2012 o 7,29% do total de afiliacións á Seguridade Social en Galicia, por enriba do 6,96% de Madrid e do 6,60% do País Vasco, aínda que moi lonxe do 19,96% de Baleares. Por ramas de actividade, os servizos de comidas e bebidas ocupan o primeiro posto, con 58.476 persoas, que ademais significa un 85,38% do total de afiliacións en actividades turísticas. No caso dos servizos de aloxamento rexistrouse un total de 8.407 afiliacións, o que representa un 12,28% do total de afiliacións do sector turismo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acolleu un curso da CEL sobre o uso do Equipo de Protección Individual no traballo

Seguinte Nova

Cursos de formación teatral en Sarria e Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: