1.400 lucenses de máis de 50 anos disfrutarán dos KM0 Balnearios no Camiño

O beneficiario poderá levar un acompañante, que estará tamén suxeito á bonificación

O balneario de Augas Santas en Pantón está integrado no programa KM0 Balnearios no Camiño, promovido pola Deputación de Lugo. Arquivo EC.

Aproveitamento dos recursos naturais para a dinamización económica e para a mellora da calidade de vida son dous dos obxectivos do programa KM0 Balnearios no Camiño. Esta iniciativa, que este ano acada a segunda edición, favorece ós usuarios o acceso ós tratamentos termais que ofertan os catro balnearios que na provincia de Lugo destacan polo interese medicinal das súas augas e pola calidade dunhas instalacións hoteleiras que acollen de media a 120.000 persoas ó ano.

PRAZAS EN BALNEARIOS LUCENSES SITUADOS NAS RUTAS XACOBEAS MÁIS TRADICIONAIS

O programa promovido pola Deputación de Lugo ofrece un total de 1.400 prazas distribuidas no Hotel Balneario Río Pambre, con 230 prazas destinadas a esta iniciativa, no Hotel Balneario&Golf Resort de Guitiriz, con 240 prazas; 760 prazas no complexo Oca Augas Santas Balnearios Golf&Resort, e 170 no Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas. Segundo os responsables desta iniciativa, o feito de que estes balnearios estean emplazados na zona de influencia dos Camiño Xacobeo Primitivo, o Camiño Francés e o de Inverno ó seu paso pola provincia lucense, favorece a posibilidade de dar a coñecer a riqueza e recursos naturais, culturais e paisaxísticos desta zona. A afluencia de visitantes a estes puntos de referencia turística sirve, según os promotores do programa KM0 Balnearios no Camiño, favorece a dinamización non só da hostelería senón tamén de sectores estratéxicos na provincia como o comercio, a artesanía e a actividade agroalimentaria.

PARA MAIORES DE 50 ANOS EMPADROADOS EN CALQUERA CONCELLO DA PROVINCIA

Os beneficiarios do programa KM0 Balnearios no Camiño deberán estar empadroados na provincia de Lugo e contar con máis de 50 anos de idade, e se favorecerán de descontos de 43 euros por persoa no periodo comprendido entre o 1 de xuño ata o 31 de decembro do presente ano nun paquete que inclúe estancia, pensión completa, tratamentos termais e recoñecemento médico no día de chegada.

5 DÍAS EN PENSIÓN COMPLETA CON TRATAMENTOS E PROGRAMA DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL

O paquete abrangue 6 días con 5 noites de estancia, con pensión completa todas as xornadas, entrando en domingo antes da cea (tamén incluida no programa) e saída en venres despois da comida (tamén incluida na estancia). Durante a estancia, os beneficiarios poderán disfrutar de 10 técnicas de balneario, e da participación nun programa de animación sociocultural de luns a xoves. Cada beneficiario do programa KM0 Balnearios no Camiño poderá acudir cun acompañante, que poderá participar no programa aínda que non cumpra os requisitos de ter máis de 50 anos e estar empadronado na provincia.

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN NAS 1.400 PRAZAS DO PROGRAMA DE TERMALISMO

Dende o 22 de maio está aberto o prazo para inscribirse no programa KM0 Balnearios no Camiño, tanto de xeito telemático a través da web da institución provincial www.deputaciondelugo.org, como de xeito presencial no Rexistro provincial situado no Pazo de San Marcos en Lugo.

GALICIA, PRIMEIRA POTENCIA ESPAÑOLA EN TURISMO TERMAL

Trala firma do convenio de colaboración para a posta en marcha do programa KM0 Balnearios no Camiño, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, suliñou que no deseño deste programa “pensamos no benestar e na saúde dos nosos veciños, pero tamén no impulso de iniciativas como o termalismo, que contribúe a reactivar a economía da provincia, propiciando factores de crecemento como a desestacionalización do turismo”. Neste sentido, os datos aportados polo Observatorio Nacional del Termalismo y Desarrollo Rural sitúan a Galicia como primeira potencia española en oferta termal, por número de centros e pola súa calidade. O chamado “turismo de saúde” conta cun importante peso específico dentro do sector, xa que representa preto do 11% do PIB, e dá emprego a máis de 100.000 persoas en toda a comunidade.

TURISMO MEDIOAMBIENTAL, “NOVA FÓRMULA” PARA A FIXACIÓN DA POBOACIÓN NO RURAL LUCENSE

Esta dinamización económica a través do emprego no sector turístico termal supón, según destacou Gómez Besteiro, o aproveitamento da riqueza natural da provincia a través “dunha nova fórmula para a modernización e mellora da calidade de vida do medio rural, para a creación e mantemento de postos de traballo e, en consecuencia, a fixación de poboación no rural”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O goberno provincial alerta das consecuencias da modificación da Lei de Demarcación e Plan Xudicial do Goberno do PP

Seguinte Nova

Monforte será la sede de uno de los 8 campus de fútbol para niños del FC Barcelona

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: