Os Escolapios, gañadores do Premio de Medio Ambiente de Monforte

A maqueta gañadora exporase no IFEMA durante a Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente

Maqueta do Colexio PP.Escolapios, gañadora do Premio de Medio Ambiente para centros de ensino do Concello de Monforte. EC

• “Reciclar para construír e manter” foi o lema que acompañou á maqueta do edificio do Colexio dos PP. Escolapios, traballo gañador do Premio de Medio Ambiente para centros escolares convocado polo Concello de Monforte. O tribunal do Premio, presidido pola concelleira de Educación e Cultura, Pilar López, e no que actuaron como vogais Consuelo Rivas Reboreda, técnica de ECOEMBES en Galicia, Germán Fernández Freire, xerente de ECOVIDRIO en Galicia, Pedro Gómez Álvarez, inspector de Educación do departamento territorial de Lugo, e Enrique López González, xefe de servizo de FCC en Monforte, escolleu a proposta presentada polo Colexio dos Escolapios entre os catro traballos presentados ó concurso.

Maqueta do Colexio Ferroviario. EC

CREATIVIDADE A TRAVÉS DE ELEMENTOS RECICLABLES

O traballo gañador consistiu nunha maqueta que representa o edificio do Colexio da Compañía, realizada con diversos elementos de reciclaxe, e acompañada dun texto explicativo sobre o monumento representado, así como un título e un slogan de naturaleza didáctica. Segundo as bases, os traballos presentados deberon acompañar unha relación dos elementos de reciclaxe empregados para a elaboración da maqueta, e que implicaba un mínimo de tres materiais distintos (latas, briks, papel, ou calquer outro). A creatividade dos traballos presentados foi máis aló, misturando máis de tres materiais, enriquecendo os traballos con cartón, tetrabriks, ceras, afiaduras de lapis e ceras, serrín, plástico, area, pedras, xiz, papel, latas e vidro. Cada un dos membros do tribunal que xulgou o Premio de Medio Ambiente para centros escolares realizou a súa valoración puntuando de 0 a 10 os traballos según os contidos e tratamento de sustentabilidade, a mensaxe didáctica final, a estética e a orixinalidade. A maqueta do Colexio dos Escolapios acadou o premio cun total de 168 puntos.

Maquetas sobre a Ponte Vella, do CEIP A Gándara. EC

COLEXIO FERROVIARIO, E DÚAS MAQUETAS SOBRE A PONTE NOVA, OS OUTROS TRABALLOS A CONCURSO

Pola súa parte, a maqueta do Colexio Ferroviario, que representaba o edificio sede do centro educativo baixo o lena “Bos tratos á natureza, adeus á tristeza. Bos tratos, bos ratos”, conseguiu unha valoración de 165 puntos. O CEIP A Gándara acadou 146 puntos cunha representación da Ponte Vella, acompañada do lema “A nosa vella ponte, coidémola”. Por último, o Colexio Infanta Helena titulou “Reciclar é vida” a súa maqueta da Ponte Vella, coa que acadou 141 puntos. Todos estes traballos poderán verse na Casa da Cultura entre ata o 31 de maio, e no Edificio Multiusos do 1 ó 7 de xuño.

Maquetas sobre a Ponte Vella, do Colexio Infanta Elena. EC

PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES, E EXPOSICIÓN EN MADRID DO TRABALLO GAÑADOR

Os centros participantes no Premio de Medio Ambiente do Concello de Monforte recibirán un lote de material escolar e deportivo. O colexio gañador recibirá ademáis un premio en metálico de 600€, que deberán ser destinados a sufragar algunha actividade relacionada co medio ambiente. Asimesmo, a maqueta gañadora do concurso exporase no Recinto Ferial de Madrid (IFEMA) durante a celebración da Feria Internacional del Urbanismo y del Medio Ambiente, na que o Concello de Monforte de Lemos contará cun stand propio para promocionar a súa imaxe de concello limpo, xa que opta ó Premio Escoba de Prata convocado a nivel nacional.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos cursos nas Aulas CeMIT no sur de Lugo

Seguinte Nova

Abertos novos espazos expositivos no Museo Pazo de Tor de Monforte

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: