Escolares de Quiroga celebran o Día do Medio Ambiente cunha visita a Sogama

Quiroga está adherido ó programa de compostaxe doméstica promovido dende a Sociedade Galega do Medio Ambiente

O grupo de escolares de Quiroga durante a súa visita ó complexo medioambiental de Sogama en Cerceda (A Coruña), acompañados polos seus profesores. SGMD.

• Con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente o pasado 5 de xuño, a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) ven de promover unha serie de visitas ó complexo medioambiental de Cerceda para grupos de cidadáns e escolares procedentes dos concellos adheridos ó programa de compostaxe doméstica. Recentemente, un grupo de escolares de Quiroga visitou o recinto para coñecer as distintas fases do traballo no complexo de tratamento de residuos.

VER IN SITU CÓMO SE TRATA O LIXO NAS DIVERSAS FASES

Os escolares, acompañados polos profesores responsables da visita e baixo a tutela de educadores medioambientales, coñeceron o funcionamento do sistema de clasificación de envases lixeiros, que Sogama emite despois ós centros recicladores. A continuación, o grupo visitante recibiu unha explicación de como os residuos non reciclables son sometidos a un proceso de recuperación para obter un combustible, a partir do cal Sogama obtén electricidade.

CONCIENCIAR PARA A RECICLAXE

Os obxectivos desta visita céntranse en amosar ós escolares que sucede cos residuos unha vez que son depositados nos contenedores de recollida. Asimesmo, o programa de visitas pretende concienciar ós máis novos da importancia da colaboración cidadá na xestión integral do lixo co fin de diminuír a súa producción, alongar a vida útil dos produtos e participar activamente na separación dos materiais segundo a súa tipoloxía, co que se facilita a reciclaxe e se reducen custes para as arcas municipais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

El Club Ciclista Chantadino roza el podium en el 8º Gran Premio Ciclista de Cangas

Seguinte Nova

Máis de 600 asociacións veciñais da provincia solicitan as axudas da Deputación para executar obras municipais

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: