Sober acolleu o Campionato Galego de Ciclismo contrarreloxio

Entrega de premios do Campionato Galego de Ciclismo contrarreloxio en Sober, por Raquel Arias, Luis Fernández Guitián, Elías González e Manuel Tallón, da FG de Ciclismo. GPXG.

Arredor de 150 ciclistas das categoría elite, sub-23, xunior e cadete en modalidade feminina e masculina tomaron parte en Sober no Campionato Galego de Ciclismo contrarreloxio individual, que se disputou na xornada do sábado 9 de xuño polas estradas do municipio soberino. Durante a entrega de premios, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, felicitou ao Concello de Sober e a todos os seus veciños “pola colaboración na organización dunha proba deste nivel”, que convirtiu á vila soberina “no centro de acción do ciclismo por unhas horas”. O mellor tempo absoluto foi o corredor do Supermercados Froiz, Sergio Míguez. Na categoría cadete, o Ponteareas copou os tres postos do podium, co primeiro posto para Cristian Mota. Na categoría de féminas, as gañadoras foron Paula Sanmartín, do Vigués, na categoría cadete, Lorena Sanín, do Cambre, en júnior e María Jesús Barros, do Spol, en elite. Dentro da categoría de junior masculino, impúxose Roberto Mediero, da Fundación Oscar Pereiro. En sub-23 repetiu triunfo Óscar González, tras coroarse campión galego de fondo hai uns días. Sergio Míguez, do Supermercados Froiz, gañou en categoría elite.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Excelente participación del Club Ciclista Monforte en la Transagalaica 2012

Seguinte Nova

El Club Ciclista Chantadino roza el podium en el 8º Gran Premio Ciclista de Cangas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: