Especial atención ó fornecemento do turismo na Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra recibirá unha atención especial nas políticas de dinamización turística promovidas dende a Deputación de Lugo. 223.335 euros dos 240.000 que constitúen a partida destinada pola Vicepresidencia Primeira e Área de Turismo do ente provincial para o fortalecemento do turismo lucense estarán adicados á xestión do persoal e o mantemento dos embarcadoiros e embarcacións das Rutas Fluviais de responsabilidade provincial, con especial atención á protección do medio ambiente.
DIVERSIFICACIÓN DA OFERTA PARA AUMENTAR O CONSUMO TURÍSTICO
Según explicou Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, “con esta medida estamos a apostar por aumentar o gasto turístico, xerando unha maior presenza de viaxeiros e turistas na Ribeira Sacra, polo que tamén é unha aposta polo emprego, non só os que de xeito directo terán a encomenda de dirixir as rutas en catamarán senón tamén os empregos indirectos no sector hostaleiro que se beneficiarán desta chamada de visitantes”. Veiga destacou a iniciativa dos catamaráns como “unha actividade complementaria que pouco a pouco vai xerando diversificación da oferta turística e, polo tanto, aumento nas pernoctacións e no consumo turístico”, polo que, según Veiga, “esta actuación reforza un dos nosos obxectivos de goberno, que é a creación de emprego”. Esta iniciativa será xestionada a través do SUPLUSA, “por razóns de axilidade e eficacia”.
POSTA EN VALOR DOS XEODESTINOS LUCENSES
Por outra banda, os 18.000 euros que completan a partida destinada ao fortalecemento do turismo lucense forma parte dun convenio firmado coa Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración dun Plan Estratéxico sobre a posta en valor dos 7 destinos xeoestratéxicos de Lugo (Os Ancares, Terra Chá, A Mariña, Ribeira Sacra, Terras do Miño, A Ulloa e Lugo). Este estudo analizará as características de cada comarca na procura das principais potencialidades de cada un, e marcará o deseño de ofertas turísticas para cada xeodestino tendo en conta os seus recursos urbanos, patrimoniais, culturais, etnográficos, enolóxicos, naturais, etc, e “promovendo ofertas dirixidas sobre todo ao turismo de proximidade en Galicia, Asturias e Portugal, sobre todo”.
TODO O QUE FAI A DIPUTACION E DEMAIS POLÍTICOS NUNCA CHEGA A BO PORTO. SIMPLEMENTE PRESUPOSTAN CARTOS, CARTOS, PERO REALIDADE PRÁCTICA NINGURES.
POR EXEMPLO: O CLUB NAUTICO DE DOADE. UNHA POLÍTICA TOTALMENTE ERRÁTICA E O QUE FIXERON NON FOI MALO SENON PEOR. CONCLUSION: TODOS OS TURISTAS MARCHARON PARA SANTO ESTEVO QUE É O QUE ACTUALMENTE FUNCIONA. POR CULPTA DESTES POLITICOS, COMO A CONCELLALA DE MONFORTE A FUNDAMENTALISTA SEÑORA VEGA, BOTARON TODO PARA ABAIXO.
ASI QUE VIVA A INICIATIVA PRIVADA E ABAIXO OS POLÍTICOS QUE NOS QUEREN LEVAR A RUINA
EN CONCLUSION: PARA POÑER ESTO COMO NOTICIA NON FAN FALTA TANTAS ALFORXAS. É EXACTAMENTE O QUE FAN TODO O ANO, ASÍ QUE NON O VENDAN COMO INVERSION. É UN GASTO, XA QUE VAI TODO EN PERSOAL, E POR CERTO, O FUNCIONAMENTO DOS CATAMARÁNS É MALÍSIMO. FAI 21 DIAS UN AUTOBÚS DE TURISTAS TUVO QUE VOLTAR PARA SUA CASA SIN VIAXAR PORQUE CHEGARON 10 MINUTOS MAIS TARDE E ISO QUE CHAMARON POR TELÉFONO. COMO SE COME ESTO?