26.893 tapas con sabor a Monforte

Un xurado profesional premiou as mellores propostas gastronómicas do IV Cume Tapas de Monforte

Foto de familia dos gañadores do IV Cume Tapas de Monforte, diante dos trofeos que se lles entregarán nun evento previsto para o mes de agosto. EC.

O IV Cume Tapas de Monforte entregou os premios aos gañadores deste concurso. Dun total de 17 finalistas, foron cinco os establecementos premiados nas cinco categorías de tapa tradicional, creativa, ecolóxica, de maridaxe con viño da Ribeira Sacra, e de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas.

TAPAS PREMIADAS POR UN XURADO PROFESIONAL

Os premios foron concedidos por un xurado profesional integrado por Quique Rodríguez, xefe de cociña do Hotel Villa Magna de Madrid, e editor-xefe da publicación gastronomicum.net; Paco Ruiz, periodista gastronómico e director do programa de radio “El color de viajar”; Mario Gómez, chef executivo do grupo La Competencia de León; Pepo Paz, editor y fotoxornalista, encargado da sección “De tapas por” da revista “De viajes”; e Marta Rajo, restauradora con ampla traxectoria na hostelería local monfortina.

O presidente da Asociación de Hostelería da Provincia de Lugo (APEHL), Cheché Real, durante a presentación dos premios do IV Cume Tapas, no Centro do Viño de Monforte. EC.

PREMIOS NAS CINCO CATEGORÍAS

Asimesmo, a Asociación Cultural e Gastronómica O Tizón outorgou dos premios, un dos cales foi para o Hostal Riosol, e outro, ex aequo, para o Casablanca, o Parador e A Troula. O Agarimo acadou dous premios, na categoría de tapa tradicional e na de maridaxe con viño da Ribeira Sacra. Pola súa parte, Los Goya foron os gañadores da modalidade de tapa creativa, mentres que O Grelo acadou o galardón pola súa tapa ecolóxica. O Bodegón Ribeira Sacra levou o premio pola mellora tapa de queixo do Cebreiro Marqués de Cernadas, e a Cervecería Mulligan’s gañou o premio Estrella Galicia. Pola súa parte, Ana Isabel Álvarez foi a afortunada gañadora dun cruceiro, sorteo realizado entre as 15 persoas que selaron o “pasaporte” nos 41 establecementos participantes no IV Cume Tapas.

Durante o acto de comunicación dos premiados no IV Cume Tapas de Monforte, o presidente de APEHL, Cheché Real, felicitou a todos os participantes, que despacharon 26.893 tapas, todo un record con respecto a edicións anteriores. Pola súa parte, Pilar López, concelleira de Cultura, gabou esta iniciativa como un “fito para recuperar a fama da tapa de Monforte”, obxectivo que considera acadado, xa que “foi fantástico ir de tapas”. Asimesmo, en representación da Xunta, Paloma Vázquez, xefa de servizo de Turismo, destacou a importancia do lema “E para comer, Lugo” como seña de identidade e como “toda unha realidade”, e valorou a importancia de vincular a riqueza gastronómica ó enoturismo. Por último, Marta Rajo expresou a súa alegría por poder sacar adiante o Cume Tapas “nestes tempos de crise”, e destacou a gastronomía como un dos atractivos de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IX Rally Costa Atlántica Classic visitou a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O barrio de San Vicente gañou o premio de Medio Ambiente do Concello de Monforte ó barrio máis limpo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: