A Asamblea Nacionalista de Chantada denuncia a “complicidade da Xunta” nas medidas de recorte sanitario do Goberno central

A nova formación chantadina expresa así o seu apoio a “todas as reivindicacións que se están a levar a cabo en Galicia en defensa da sanidade pública”, e animan á cidadanía “a secundalas e participar activamente nas mobilizacións”. A Asamble Nacionalista de Chantada lembra no seu comunicado que “a sanidade pública é un dereito, non un privilexio”, e denuncia que a política do Goberno central introduce “cambios fundamentais” no sistema sanitario público”, que “atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da sanidade pública, e supoñen o inicio” do que califican como “unha contrarreforma sanitaria”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acordo entre Xunta e Deputación para que o Consorcio asuma as melloras do parque de Bombeiros de Monforte

Seguinte Nova

Difusión do plan EMEGA para fomentar o emprendemento feminino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: