O balance correspondente a 2011 fala dunha redución do 21% nos accidentes graves, e dun 17% nos accidentes mortais. Estes datos foron aportados polo director xeral de Relacións Laborais da Xunta, Odilo Martiñá, durante a clausura dunha xornada técnica do programa Abrocha-T sobre seguridade laboral, promovido pola CEL. Martiñá sinalou a necesidade de concienciar a empresarios e traballadores de que a seguridade e a saúde laboral “ten que seguir a ser un obxectivo prioritario”, pese a situación actual de crise. O responsable autonómica sinalou que a Xunta está a facer un “esforzo” no eido da seguridade e saúde no traballo, por ser “unha prioridade” para o Goberno galego. En Galicia se está a desenvolver por segundo ano o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014, deseñado e consensuado por todos os axentes do Diálogo Social.
Últimas noticias sobre PORTADA
• A modernización destas instalacións deportivas municipais da Pinguela era unha demanda a berros do mundo
• A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou os esforzos da Xunta para posibilitar
• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis
Os fenómenos meteorolóxicos adversos están a ser os grandes protagonistas deste comezo de ano 2023, que
O Concello de Bóveda vén de iniciar as obras para a creación dunha nave para viveiro