A sinistralidade laboral baixou un 12 % en Lugo

O balance correspondente a 2011 fala dunha redución do 21% nos accidentes graves, e dun 17% nos accidentes mortais. Estes datos foron aportados polo director xeral de Relacións Laborais da Xunta, Odilo Martiñá, durante a clausura dunha xornada técnica do programa Abrocha-T sobre seguridade laboral, promovido pola CEL. Martiñá sinalou a necesidade de concienciar a empresarios e traballadores de que a seguridade e a saúde laboral “ten que seguir a ser un obxectivo prioritario”, pese a situación actual de crise. O responsable autonómica sinalou que a Xunta está a facer un “esforzo” no eido da seguridade e saúde no traballo, por ser “unha prioridade” para o Goberno galego. En Galicia se está a desenvolver por segundo ano o Plan estratéxico en prevención de riscos laborais 2011-2014, deseñado e consensuado por todos os axentes do Diálogo Social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis de 600 asociacións veciñais da provincia solicitan as axudas da Deputación para executar obras municipais

Seguinte Nova

Pulo ao pequeno comercio

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: