O Inega terá aberto ata o 12 de xullo o prazo de solicitude destas axudas para a realización de melloras da eficiencia enerxética e a seguridade destas instalacións en preto de 250 edificios de vivendas de Galicia. Nesta primeira edición do Plan Renove de Ascensores, dotada con preto de 710.000 euros e que terá como beneficiarios ás comunidades de propietarios, a Consellería de Economía e Industria a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) fomenta as medidas que permitan reducir o consumo enerxético dos elevadores e a súa adaptación á regulación vixente na actualidade. As axudas do Plan Renove de Ascensores serán dun máximo de 3.000 euros e cubrirán un 50% do investimento na renovación ou mellora nas instalacións de ascensores en edificios de vivendas, que deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35% no uso da enerxía convencional.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Esta nova liña de axudas está dirixida a autónomos, micro, pequenas e medianas empresas para
• As empresas candidatas a optar a estes espazos deberán ter domicilio social e fiscal no
• Seis destes programas, xa publicados e co prazo aberto para a presentación de solicitudes, van
• Trátase dunha actuación que se enmarca na liña de apoios que o Goberno galego destina
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de