Boa canteira de escritores na comarca sarriana

O Premio de Narración IES Gregorio Fernández, en plena forma

Os organizadores deste Premio de Narración, que o próximo ano celebrará a súa primeira década, confirman a gran calidade dos traballos presentados a concurso

Os gañadores das diversas modalidades do IX Premio de Narración IES Gregorio Fernández de Sarria, posan acompañados dos representantes municipais, educativos e institucionais que apoian este certame. IES G.FDEZ

O primeiro de xuño tivo lugar a entrega de galardóns do IX Premio de Narración IES Gregorio Fernández, unha iniciativa xa veterana na provincia e que sigue a apostar polo talento literario e creativo dos escolares da comarca de Sarria. A organización do Premio correspóndelle ó IES Gregorio Fernández, que ideou unha proba na que poidesen participar todos os alumnos das terras de Sarria, sen distinción de idade nin de municipio. De feito, nesta edición están a contar coa colaboración dos sete Concellos da comarca, e que van acollendo, de xeito itinerante, o acto de entrega de premios en cada edición. Neste ano, o recentemente incorporado Concello de O Incio foi o escenario da entrega de galardóns, que correu a cargo da poeta de Brollón Olga Novo. Este esforzo conxunto de institucións educativas, municipais e tamén da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia fai posible que os alumnos premiados, dun total de 117 participantes, reciban un pequeno premio en metálico e un diploma, e que poidan ler a súa obra premiada nunha coidada edición que recolle os relatos e as ilustracións obxecto de premio.

BOA CANTEIRA, ANO TRAS ANO

Este selecto clube de talentos literarios sorprende cada ano ós integrantes do xurado, que insisten en destacar a “excelente canteira” de escritores que, ano tras ano, dá vida a este meritorio certame. Os premios establécense por ciclos educativos a partir de 3º curso de primaria, en categoría ilustración e narración, e poden presentarse cantos alumnos e alumnas o desexen de todos os centros educativos dos sete municipios da comarca de Sarria. Velaí os nomes dos escritores e artistas premiados este ano: Ismael Rodríguez Fuente (premio ilustración- 4º de primaria CEIP Ricardo Gasset, O Incio), Sergio Díaz Pérez (2º premio narración- 4º de primaria CEIP Frei Luis de Granada, Sarria), Unai Duarte Ingerto (1º premio narración- 3º de primaria CEIP Ricardo Gasset, O Incio). Manuel Corujo Muíña (premio ilustración- 6º de primaria CEIP Ricardo Gasset, O Incio), Ángela Rincón Rodríguez (3º premio narración- 6ºde primaria CEIP Frei Luis de Granada, Sarria), Silvia Mourelo López (2º premio narración -6º de primaria CEIP Ricardo Gasset, O Incio), Alejandro Armesto López (1º premio narración- 5ºde primaria CEIP de Samos). Teresa López García (accésit narración- 2º ESO do IES Gregorio Fernández, Sarria), Julia Castellano Díaz (2º premio narración- 2º ESO Colexio da Asunción, Sarria), Lucía Pombo Capón (1º premio narración- 1º ESO do IES Xograr Afonso, Sarria). Candela Rodríguez Bruña (2º premio narración- 3º ESO Colexio da Asunción, Sarria) (o primeiro premio nesta modalidade quedou deserto). Carla López López (1º premio narración categoría Bacharelato e Ciclos- 1º Bacharelato do IES Xograr Afonso Gómez, Sarria).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Auga potable a través de servizos enerxéticamente sostibles

Seguinte Nova

Sarria refórzase como punto de referencia na Eurorrexión

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: