Máis de 600 asociacións veciñais da provincia solicitan as axudas da Deputación para executar obras municipais

O Plan de Comunidades Veciñais incrementa este ano case un 5% as solicitudes recibidas, “amosando a necesidade destas actuacións que os Concellos non poden asumir”. Os responsables provinciais anunciaron que este proxecto resolverase en xullo. Por primeira vez, este ano a Deputación de Lugo asume o custe total das obras, ó tempo que aporta o asesoramento técnico necesario para executalas. A partida deste ano para o Plan de Comunidades Veciñais ascende a 2 millóns de euros, e cada asociación poderá percibir ata un máximo de 12.000 euros. As actuacións consistirán sobre todo en pequenos abastecementos de auga potable, saneamentos, iluminación pública, acondicionamento de camiños rurais, arranxo de fontes e locais sociais, pavimentacións e redes de sumidoiros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Escolares de Quiroga celebran o Día do Medio Ambiente cunha visita a Sogama

Seguinte Nova

A sinistralidade laboral baixou un 12 % en Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: