Monforte realizará unha campaña para promover o empadroamento

“En Monforte somos máis” é o lema da campaña que o Concello de Monforte vai pór en marcha para incrementar o empadroamento de cidadáns residentes. Actualmente están empadroados en Monforte 19.673 habitantes, segundo os datos do Concello a día de hoxe, e 19.622 segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística (INE) a 1 de xaneiro do 2011), mais son moitas as persoas que vivindo en Monforte aínda non están empadroadas.

FOTO DE FAMILIA

A primeira das accións desta campaña terá lugar o martes 19 de xuño, cando ás 11,30 horas se concentren na Praza da Compañía todos os cidadáns que o desexen para formar parte da fotografía que ilustrará a devandita campaña. Para a realización desta foto de grupo, dende o Concello suxiriron ós directores dos centros de ensino a participación do seu alumnado na concentración do martes, que acadou un apoio unánime.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Niveles “moi preocupantes” do paro no sur de Lugo, según UGT-Lemos

Seguinte Nova

San Antonio convence a todos

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss