A Secretaría Xeral de UGT-Lemos valora como “moi preocupantes” os datos do paro do mes de maio no sur de Lugo, xa que se rexistraron un tota de 738 novos desempregados, o que supón un incremento do paro dun 20,60% con respecto a maio de 2011. O Concello de A Pobra do Brollón rexistra a subida máis elevada de desemprego en maio, cun 54,22%, en segundo lugar O Incio, cun 42,44%, e en terceiro lugar Chantada, cun 31,68%. Os índices máis baixos corresponden, para o mes de maio pasado, a Monforte, cun incremento do 13%, seguido de Bóveda, cun 14,94% e de Sober, cunha subida do 15,67% no paro rexistrado. O total de parados na zona sur en maio de 2012 ascende a 4.321 persoas. Dende UGT-Lemos considera “preocupantes” as cifras por sectores, xa que na agricultura o paro aumentou un 26,5%, na industria un 35,5%, na construcción un 26,5%, e nos servizos un 0,84%.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa