San Antonio convence a todos

Polémica polos festivos locais en Monforte

San Antonio, Martes de Pascua ou Mércores de Cinza, tres posibilidades con só dous acertos. Ninguén dubida do San Antonio, pero os dous restantes están causando enfrontamentos. Dado que nas últimas sesións plenarias do Concello de Monforte viña sendo unha cuestión recurrente e polémica o debate sobre cales debían ser os dous días festivos locais, o Goberno municipal baralla a posibilidade de levar a cabo unha consulta á cidadanía sobre este tema. Os responsables municipais esperan que se fagan públicas os resultados das enquisas realizadas polos hosteleiros, unha vez coñecidos os datos da enquisa do CCU, e escoitar a opinión da CEL, xa que os tres sectores participaron na elección dos festivos actuais, San Antonio e Mércores de Cinza.

CRÍTICAS DO PSOE Á POSTURA DO ALCALDE, E ELIMINACION DO MÉRCORES DE CINZA

As críticas do Psoe contra a decisión do equipo de goberno de convertir en festivo este último día baséase en que este cambio “deu como resultado unha experiencia negativa, onde os comerciantes comprobaron que non ganaron nada co cambio, pero sobre todo, no conxunto da xente de Monforte hai moitas mais voces en contra que a favor”. O voceiro socialista no Concello de Monforte, José Tomé, insistiu en que “a decisión correspóndelle a quen goberna, polo tanto, a decisión deste cambio só e imputable ó Alcalde e o seu Goberno, porque foi aprobado na Xunta de Goberno do Concello que é quen ten a competencia para facelo, sen consultar co resto dos Grupos da Oposición (PP e PSOE), dado que este tema nin se negociou por parte do Alcalde nin foi debatido no Pleno da Corporación”. Tomé critica a actitude do rexedor local neste tema, xa que “a desculpa de que llo pediran dende o CCU non serve, porque agora a enquisa dos comerciantes di outra cousa ben distinta, e agora o Alcalde non lle fai caso”. Tomé conclúe que “o que ven sucedendo nos tres últimos anos e particularmente o fracaso deste ano, confirman a necesidade de variar o festivo do Mércores de Ceniza”.

PP ELIXE O MARTES DE PASCUA

Pola súa parte, Julia Rodríguez Barreira, voceira do PP, expresou o apoio do seu grupo por manter o festivo do San Antonio e do Martes de Pascua, por considerar que se trata “dunha festa de larga tradición que compriría non só preservar, senón potenciar, e evitar que poida desaparecer como pasou coa celebración das Reliquias”.

UGT-LEMOS PROPÓN ABORDAR A CUESTIÓN NO CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL

Este sindicato propón que se inclúa na orde do día do próximo Consello Económico e Social (CES) que os festivos locais sexan San Antonio e o Martes de Entroido. Mario Docasar, secretario da formación sindical, cre que “se debe deixar de marear a perdiz”, e que o CES é o foro máis representativo para debatir esta cuestión, xa que está integrado por comerciantes, empresarios, asociacións e sindicatos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte realizará unha campaña para promover o empadroamento

Seguinte Nova

Aberto o Plan Renove de Ascensores

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: