A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia o deterioro de diversas estradas polas obras de Seteventos

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiu un escrito ó Concello para transmitir “a preocupación dos veciños polo deterioro das estradas e de certos camiños veciñais por onde se está a sacar a derivación eléctrica” de media tensión da planta solar de Seteventos. No escrito, a Asociación precisa que, aínda que a instalación vai soterrada, “ocasionou a desaparición de boa parte da banda de rodadura da estrada entre o cementerio da Portela e A Touza na parroquia de Piñeiró , así como a desfeita de paredes e balados de propiedade particular e deterioro dalgúns camiños”.

INCIDENCIA DAS OBRAS NOS VIAIS DE ACCESO

A Asociación Veciñal do Saviñao denunciou asimesmo que “tamén están intransitables e descarnados os viais de acceso a Mosiños dende a estrada de Monforte e deiquí ata Seteventos, así como a estrada entre Seteventos e Abuíme, desfeitas dende o inicio das obras do parque solar, fai xa tres anos”. Os representantes veciñais solicitan que o Concello aclare a quen lle corresponde “asumir a reparación das As infraestructuras deterioradas, si será a empresa responsable, Solidaridad Solar, ou ben si será o Concello quen asumirá a reposición dos viais tal e como estaban denantes de ditas obras”. Dende a Asociación Veciñal do Saviñao estiman que “o feito de que esta empresa sexa declarada de Interese Municipal non exime da reparación e acondicionamento das infraestructuras deterioradas na súa implantación”

ELIMINACIÓN DAS BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

Asimesmo, a Asociación Veciñal do Saviñao criticou que un dos obxectivos das obras de acondicionamento do espazo perimetral do edificio do Concello, a eliminación das barreiras arquitectónicas, “non está totalmente solucionado”. Sinalan que un dos camiños da área axardinada diante do Concello “aínda permanece pechado cun bordillo adoquinado, provocando acumulación de augas e limitando un dos accesos peatonais máis céntricos”, o que corresponde ó que parte da esquina do panel informativo, o roble e a fonte. Asimesmo, os responsables deste colectivo califican de “erro” a colocación da balaustrada de pedra no acceso á Devesa, “xa que un espazo arbolado xa de por si está perfectamente delimitado”. A balaustrada “chega a anular os accesos escalonados á Devesa”, polo que solicitan a apertura destes accesos “aínda que se deixe o resto da balaustrada”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Natación Monforte arrasa con 16 medallas no Campionato Galego de Alevín

Seguinte Nova

Éxito de Ribeira Sacra nos premios de viño en Euskadi

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss