A Conselleira de Sanidade reuniuse co Alcalde de Bóveda

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, nun momento da reunión co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, no seu despacho en Santiago de Compostela. GPCS.

A titular de Sanidade, Rocío Mosquera, transmitiu ó rexedor local, José Manuel Arias, os datos referentes á actividade do Hospital Comarcal, que o ano pasado aumentou nun 50% as intervencións cirúrxicas con respecto ó 2009. Mosquera destacou a redución das listas de espera e o incremento de profesionais médicos no centro hospitalario do sur de Lugo.

O Hospital garante a atención dos pacientes da nova residencia de Bóveda

Pola súa parte, o alcalde de Bóveda anunciou á Conselleira a próxima apertura no municipio da residencia para persoas discapacitados e dependentes, que prevé habilitar 116 prazas de discapacitados físicos gravemente afectados. Neste sentido, Mosquera tranmitiu ó rexedor de Bóveda a súa convicción de que “os profesionais que prestan servizo no Hospital e as dotacións do mesmo garanten a atención dos pacientes que acolla o novo centro residencial”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Fin de curso na Casa da Cultura de Bóveda

Seguinte Nova

Intenso programa sociocultural en A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: