Preinscripción ata o 5 de xullo
A EIS é o único centro da provincia que imparte ensinanzas da familia audiovisual
Ata o 5 de xullo estará aberto o prazo de preinscripción para a Escola de Imaxe e Son (EIS), á que poden presentarse aquelas persoas que teñan outro ciclo superior, bacharelato ou a proba de acceso ós ciclos superiores. Este ano licenciouse a oitava promoción dos ciclos superiores de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, e de Realización de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, dotados de 2.000 horas lectivas distribuidas en dous cursos cada ciclo. Apadriñou esta nova promoción o gañador de 3 premios Goya Ángel de la Cruz, “membro dunha xeración que fai da nosa comunidade un referente da animación en España”, suliñou o presidente provincial na clausura do curso da EIS. Besteiro anunciou que este ano manterase a gratuidade da matrícula agás para os repetidores, e a posibilidade de que os titulados poidan optar a 20 bolsas do programa europeo Leonardo da Vinci.