A UIMP falará do VII Conde de Lemos do 12 ó 14 de setembro

Do 12 ó 14 de setembro, Monforte acollerá o Encontro “Política y Sociedad: El VII Conde de Lemos entre Nápoles y Monforte”, xornadas organizadas pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e financiadas na súa totalidade pola Deputación de Lugo. Estas xornadas van dirixidas ós interesados por descubrir a figura deste galego universal, que chegou a ostentar o título de Virrei de Nápoles, e que xogou un papel fundamental como mecenas dos máis destacados artistas do Século de Ouro, coma Góngora, Quevedo ou Cervantes, cos que mantivo ademais unha estreita relación.

IMPORTANCIA DE MONFORTE NA HISTORIA DE GALICIA

A importancia para a historia de Galicia e España deste noble é indubidable, tal e como destacaron na presentacións do evento Manuela Sáez, doutora en Historia da Arte e directora deste Encontro, e Xosé Luis Barreiro Rivas, director da Universidade Menéndez Pelayo en Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Impulsa Lugo organizou un seminario en Sarria para promover o espíritu emprendedor e a creación de empresas

Seguinte Nova

Demografía e sector agrogandeiro entran en xogo na colaboración entre administracións

Últimas noticias sobre CULTURA

 
A %d blogueros les gusta esto: