Constituirase unha asociación para mellorar a Feira Medieval de Monforte

Implicación do Concello e da cidadanía

A asociación mellorará a ambientación urbana e a vestimenta dos participantes na vindeira Feira Medieval de Monforte. Arquivo EC.

A Feira Medieval de Monforte cumpriu este ano a súa primeira década, cunha cifra récord de postos, procedentes de diversos puntos de Galicia e tamén de fóra: artesáns de Girona, Burgos, Zaragoza ou Xaén estiveron presentes nesta cita xa consolidada no calendario festivo da provincia.

CRECENTE IMPLICACIÓN DA HOSTELERÍA LOCAL

Estes datos son interpretados polo Concello de Monforte, organizador da Feira Medieval, como unha mostra da “boa saúde” deste evento, que está a ter unha “indiscutible repercusión económica” para o comercio e a hostelería locais. Gradualmente, esta Feira vai crecendo en espacio coa incorporación de máis rúas nas últimas edicións, e tamén vai medrando a implicación e colaboración dos profesionais do comercio e a hostalería da cidade, cuxas achegas son calificadas de “moi positivas” polos responsables municipais.

ACADAR MÁIS IMPLICACIÓN DA CIDADANÍA

Nembargantes, dende o Concello consideran que se debe lograr “unha maior implicación da cidadanía” en todo o relacionado coa ambientación medieval durante a celebración desta Feira. Con este obxectivo, o alcalde, Severino Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Pilar López, veñen de manter diversas reunións con grupos de veciños dos barrios e parroquias monfortinos para definir modelos de colaboración.

GRUPOS DE TRABALLO

O Concello propuxo a creación de diversos grupos cidadáns que elaboren traxes medievais ou elementos decorativos para ambientar a feira, proposta que acadou unha boa acollida pola veciñanza, á espera de dar forma precisa a esta fórmula de colaboración. Asimesmo, estableceuse a necesidade de contar co apoio de cidadáns que aporten documentación histórica para que os elementos producidos polos grupo de traballo (traxes, estandartes, bandeiras, etc) se axusten á época e ó lugar.

A ASOCIACIÓN DARÁ FORMA A ESTA COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E A CIDADANÍA

Coa finalidade de que estas ideas tomen forma, os responsables municipais anunciaron a creación dunha asociación que permita a colaboración entre o Concello e a cidadanía interesada en participar, e que terá como obxectivo impulsar a Feira Medieval de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao, presente na XVIII Romería da Federación Galega de Círculos e Casinos

Seguinte Nova

A Feira Outrora: unha década homenaxeando o espíritu das feiras e dos oficios tradicionais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: