Demografía e sector agrogandeiro entran en xogo na colaboración entre administracións

Unha modificación de última hora recolle as demandas da Deputación de Lugo no novo protocolo de colaboración da Xunta cos entes provinciais

O sector primario e o envellecemento poboacional son dous dos factores sustanciais a ter en conta nas consideracións socioeconómicas sobre a provincia de Lugo. Arquivo EC.

O pasado 20 de xuño tivo lugar en Santiago a firma dun novo convenio de colaboración permanente da Xunta coas catro Deputacións galegas. Lugo tivo un especial protagonismo, xa que a última hora o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, logrou que se rectificase o texto do protocolo para incluir unha serie de modificacións que tratan, por un lado, de corrixir as irregularidades xurídicas advertidas no documento orixinal e, por outro, introducir temas de importancia estratéxica para a provincia de Lugo, como o sector agrogandeiro ou a crise demográfica, que estaban ausentes no primeiro documento.

BÚSQUEDA DE CONSENSO DIANTE DA FIRMA DO PROTOCOLO

Na reunión que os mandatarios provinciais tiveron co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, antes da firma do protocolo, Gómez Besteiro logrou que o ente autonómico rectificase e elaborase un novo protocolo coas modificacións planteadas. As irregularidades xurídicas advertidas no documento orixinal xa foran notificadas por escrito dende a Deputación ó Goberno galego unha semana antes, sen ter recibido ningunha contraproposta, según explicaron os responsables provinciais. Asimesmo, ó día seguinte desta comunicación, o Goberno galego informouno favorablemente no Consello autonómico. Na busca de consenso, Gómez Besteiro entregou antes da firma un borrador xeral co propósito de acadar a unanimidade, e que finalmente foi recollido no documento definitivo, asinado unha hora despois do previsto. Besteiro explicou a súa negativa a asinar o borrador do protocolo “porque non se axustaba á Lei”, e “porque era un cheque en branco co que a Xunta pretendía pasar as súas cargas financieiras ós lucenses, obrigando á Deputación a asumir os seus deberes pero sen transferencias económicas”, ademais de deixar fóra cuestións estratéxicas para a provincia.

ESPECIFICACIÓNS INTRODUCIDAS SEGUNDO A LEI

As modificacións introducidas por Besteiro supoñen que o financiamento dos Servizos Sociais se axustará á Lei e non ó polémico Decreto imposto pola Xunta, e os Grumir seguirán sendo de responsabilidade autonómica. Asimesmo, estas consideracións eliminan do protocolo as referencias ós Concellos menores de 15.000 habitantes para axustarse ós 20.000 habitantes que determina a Lei.

ASUNTOS ESTRATÉXICOS PARA A PROVINCIA DE LUGO, RECOÑECIDOS POR FIN

Na súa proposta finalmente incluída na rectificación do protocolo da Xunta, Gómez Besteiro logrou que o documento abordara, entre os asuntos estratéxicos para o desenvolvemento da Comunidade, o sector primario e a demografía, factores de especial relevancia na provincia de Lugo. Segundo explicaron os responsables provinciais, Lugo perdeu o 0,47% da súa poboación en 2011 (datos rexistrados polo INE). A zona sur marca peores cifras, cunha baixada do 1,9% na poboación, o que significa un retroceso tres veces maior que o resto da provincia. Todos os concellos das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga perderon poboación no último ano, con especial gravidade en O Incio e Carballedo, con perdas de poboación superiores ó 3% en tan só doce meses. Os datos do INE constatan que, na última década, a poboación da zona sur baixou un 10,3%, con 6.500 habitantes menos. En canto ó peso do sector primario na provincia de Lugo, cómpre destacar que nas comarcas de Chantada e Lemos a superficie adicada ó cultivo oscila entre o 30% e o 50%, con centos de postos de traballo vinculados á agricultura no sur de Lugo.

OUTROS ASPECTOS DE INTERÉS PARA A PROVINCIA DE LUGO

Trala firma do novo protocolo de colaboración, o titular provincial agradeceu as modificacións realizadas “porque agora si se abordan os asuntos que preocupan a Lugo e a Galicia”. Besteiro manifestou ademais o seu interés en que se asinen canto antes os convenios de colaboración posteriores a este protocolo, “xa que é o modo de levalo á prática, con financiamento concreto”. No encontro previo á firma do protocolo de colaboración, o titular provincial reiterou a Núñez Feijóo o seu “ánimo de solucionar problemas e ir da man en proxectos” que está a financiar a Deputación de Lugo, e que son “motores de emprego”, como o concerto de prazas de residencias e centros de día na rede da Deputación. Asimesmo, Besteiro preguntou ó titular autonómico sobre os plans para evitar o desmantelamento dos servizos sanitarios e educativos na provincia, e os prazos reais para o cumprimento dos compromisos referidos, entre outros, ó corredor Nadela-Sarria, a declaración do Camiño de Inverno como ruta xacobea, ou a elaboración da solicitude para a consideración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A UIMP falará do VII Conde de Lemos do 12 ó 14 de setembro

Seguinte Nova

Monforte acada en Madrid o premio Escoba de Plata

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: