Dende o 2 de xullo Sober contará cun Punto Limpo

A Illa Ecolóxica ou Punto Limpo que abrirá o Concello de Sober o vindeiro 2 de xullo estará situada en Canabal, nas inmediacións da depuradora municipal. O Punto Limpo estará aberto pola mañá os martes e xoves, e o seu uso é gratuito.

Cómo utilizar a Illa Ecolóxica de Sober

O Punto Limpo está preparado para depositar nel todos os residuos que polo seu volume ou perigosidade deben recibir un tratamento distinto dos residuos habituais. A empresa Recinor, que conta cunha planta nos terreos da antiga Chacinera en Monforte, será a encargada da xestión dos residuos da Illa Ecolóxica de Sober.

Eliminación dos vertedoiros incontrolados

Os responsables municipais anunciaron tamén que, en paralelo á apertura do Punto Limpo, realizarase a recollida domiciliaria de enseres e procederase á limpeza de vertedoiros incontrolados, comenzando polos situados preto de regatos e de núcleos poboacionais, coa intención de erradicar esta prática contaminante.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC manterá a gratuidade da matrícula

Seguinte Nova

O alcalde de Sober, recibido pola Conselleira de Sanidade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss