Dende xuño e ata decembro, a Aula CeMIT de Monforte situada no Edificio Multiusos está a acoller o curso de E-commerce dentro do Plan Avanza financiado polo Ministerio de Industria. A finalidade deste curso é a formación de mulleres para facer rendible os seus traballos a través de procesos empresariais baseados no comercio electrónico. Busca a xeración de riqueza e a mellora do emprego nas zonas costeiras e rurais de Galicia, nos sectores de artesanía (bixutería, xoiería, cestería, cerámica, vidro, téxtil, coiro, manualidades, aceites e xabóns naturais, etc); agroalimentario (repostería, mel, queixería, castañas, licores, pan, horta, carne, viños, etc.), turismo rural, e outras ideas que se propoñan por parte das participantes.