Escolares de Monforte, Brollón, Sober e Quiroga, premiados no concurso provincial Letras Galegas de narración e debuxo

A Biblioteca Provincial Nodal de Lugo premiou a escolares do sur de Lugo no Certame de Debuxo e Narración “Letras Galegas 2012”, no que concorreron os traballos seleccionados nas fases locais convocadas polas 20 bibliotecas municipais participantes. Un total de 23 nenos e nenas foron premiados en tres categorías establecidas por tramos de idade (ata 8 anos, de 9 a 11 anos, e de 12 a 16 anos).

PREMIOS EN NARRATIVA

Entre o grupo de nenos e nenas premiados a nivel provincial, seis deles proceden de municipios do sur de Lugo. Así, Claudia Ares Vila (10 anos), participante pola Biblioteca de Monforte, acadou o accésit de Narración na categoría de 9 a 11 anos. Tamén en Narración, e dentro da categoría de 12 a 16 anos, Lucas López Macía (12 anos), participante pola Biblioteca da Pobra do Brollón, acadou o accésit correspondente.

PREMIOS DE DEBUXO

Laura Rodríguez González (7 anos), participante pola Biblioteca de Sober, levou o 1º premio de debuxo na súa categoría, e Brais Fernández González (7 anos), da Biblioteca de Quiroga, o terceiro premio. Na categoría de 9 a 11 anos, Nicolás López Argiz (11 anos), da Biblioteca de Monforte, recibiu o 2º premio de Debuxo. Lorena Neira Rodríguez (16 anos), da Biblioteca da Pobra do Brollón, acadou o 3º premio na categoría de 12 a 16 anos. Os premios están dotados cunha estatuíña de Sargadelos, diploma e lote de publicacións. Os accésits, concedidos en razón da calidade e cantidade dos traballos presentados, inclúen diploma e lote de publicacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Escolares de Pantón visitaron as bases aéreas de prevención contra o lume de Marroxo e Doade

Seguinte Nova

E-commerce para mulleres en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: