Para pechar un ano de actividades no Centro Sociocultural de Bóveda, a Casa da Cultura municipal acolleu o pasado 22 de xuño unha tarde chea de música, teatro e diversión. Na festa de fin de curso, que deu comezo ás 18,30 horas, participaron as Escolas municipais de Danza Galega e de Música, e a Banda de Gaitas de Bóveda. A partires das 19,45 tivo lugar o Obradoiro de Karaoke a cargo do grupo Ni fu Ni fa Animación, actividade integrada no programa Letras Vivas da Xunta de Galicia. Xa o sábado, a compañía afincada en Brollón Teatro Monart representou a partires das 19 horas o espectáculo Kasi Circo, actuación integrada no programa Buxiganga promovido pola Deputación de Lugo para fomentar os grupos de teatro locais e a realización de espectáculos teatrais a nivel municipal.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga