Gaspar Pérez Carnero, novo Presidente do Club Lemos

O emblemático Club Lemos conta xa con novo presidente. Gaspar Pérez Carnero, actual presidente da Federación Galega de Xadrez, toma o relevo de Antonio Feijóo nunha nova etapa que se centrará “na búsqueda dun equilibrio entre o económico e o deportivo”, explica Carnero. “O obxectivo da nosa directiva baséase en dúas accións: por un lado, trataremos de sanear económicamente a entidade, e no eido deportivo intentaremos manter a categoría”.

MÍCHEL ENTRENARÁ Ó LEMOS

Para esta nova andadura, o equipo presidido por Pérez Carnero contará con Míchel como entrenador, que xa tivo oportunidade de establecer contacto coa plantilla. “A recepción por parte dos xogadores ó novo equipo directivo está sendo moi positiva”, comenta Pérez Carnero, “ata o punto de que está confirmado que podemos contar cunha parte importante dos xogadores para a vindeira tempada”.

PLANTILLA DEFINITIVA NUNS DÍAS

Aínda que recoñece que “están todavía aterrizando no Club”, Pérez Carnero comenta que están a levar algunha que outra sorpresa. “Todavía estamos vendo o que hai, pero si estamos encontrando algunhas cousas que non esperabamos, com o compromisos que se tiñan adquiridos e algúns pagos pendentes”, sinala. Polo de agora, están centrados en preparar o deseño da vindeira tempada, “e nos próximos días teremos xa confeccionada a plantilla”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acolleu a final da XXIX Copa Deputación de Fútbol Preferente e 1ªAutonómica

Seguinte Nova

O programa Km0 xerou, dende a súa posta en marcha, un volume de negocio de 1,5 millóns de euros na provincia de Lugo, con 35.000 participantes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss