Intenso programa sociocultural en A Pobra do Brollón

O sábado 30 de xuño, a Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra do Brollón acollerá o Festival de clausura do curso da Escola de Música. O alumnado de piano, acordeón, percusión e gaita participará neste evento que comezará ás 18,30 horas.

Por outra banda, o Concello ven de firmar un convenio coa Vicepresidencia primeira da Deputación para o funcionamento da Escola Municipal de Música o vindeiro curso 2012-2013.

As instalacións municipais acollerán unha importante axenda lúdica no verán de A Pobra do Brollón. Arquivo EC.

XUNTANZA ANUAL VECIÑOS DE A POBRA

A quinta edición deste evento que congrega arredor de 400 persoas no Pavillón Polideportivo celebrarase o día 1 de xullo. Trala Misa ás 13 horas, o alumnado da Escola Municipal de Música amenizará a comida de veciñanza, que rematará cun sorteo de agasallos cedidos polas casas comerciais que colaboran neste evento organizado polo Concello de A Pobra do Brollón.

FESTA DO TENIS

O pasado 22 de xuño a pista de Sanugueiros acolleu a primeira sesión desta actividade, que ten como finalidade iniciar ós rapaces na prática deste deporte. Esta iniciativa, que leva a cabo o Club 4 Ventos de Monforte e está organizada polo Concello de Brollón, repetirá sesión o 29 de xuño ás 19,30 horas. Está previsto continuar cun cursiño de tenis durante o mes de agosto según a demanda de participantes nas sesións previas.

LUDOTECA NO VERÁN

As actividades da ludoteca de Brollón continuarán durante os meses de xullo e agosto con horario de mañá.

PROGRAMA CONCIÉNCIATE, TAMÉN EN VERÁN

Ximnasia, talleres de memoria e obradoiros de manualidades son os eixos principais do programa Conciénciate, destinado ós maiores de A Pobra do Brollón. Este programa, que foi moi ben acollido polos veciños do municipio, conta cunha media de participantes de 12 persoas por parroquia. As actividades, que se veñen realizando nos locais sociais, continuarán tamén durante xullo e agosto, e ata finais deste ano.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Conselleira de Sanidade reuniuse co Alcalde de Bóveda

Seguinte Nova

Teatro Monart: mellorar o mundo a través do sorriso dos máis novos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: