Monforte acada en Madrid o premio Escoba de Plata

Recoñecemento á implicación cidadá na limpeza urbana

Severino Rodríguez, alcalde de Monforte, recolle o premio Escoba de Prata concedido á vila do Cabe, de mans do Embaixador de México, Francisco J. Ramírez Acuña, en presencia de Rafael Apraiz Egaña (esquerda), director executivo de ATEGRUS, e José Mª Álvarez del Manzano (dereita), ex alcalde de Madrid e presidente de IFEMA. (Cedida ATEGRUS).

O pasado 14 de xuño, o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, recolleu en Madrid o premio Escoba de Prata concedido á nosa vila polo seu esforzo por mellorar a xestión de residuos e a limpeza urbana. Este ano optaban ós premios 28 concellos de toda España e de países sudamericanos. Quince destes concellos, entre eles Monforte, competían na categoría de “Escoba de Plata”. A nosa vila acadou o galardón na categoría de cidades de menos de 20.000 habitantes nun certame no que participaron cidades como Donostia, Bilbao, Xixón, A Coruña, Málaga, Toledo, Vigo, ou a mexicana Guadalajara.

MELLORAR A CALIDADE DE VIDA E A SOSTIBILIDADE DAS CIDADES

Esta iniciativa europea está impulsada a nivel nacional pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (ATEGRUS), e que este ano celebra a súa decimoterceira edición. O concurso está dirixido a Municipios, Diputacións, Comunidades Autónomas, Empresas Prestatarias de Servicios, Fabricantes de Bens de Equipo e Instalacións para a xestión de residuos e aseo urbano, entre outras entidades, para premiar os esforzos e realizacións co obxecto de estimular os avances tecnolóxicos e de concienciación que sirvan para ir mellorando a calidad de vida e a sostibilidade de cidades e industrias.

PROMOCIÓN DE MONFORTE COMO CIDADE LIMPA

Monforte estivo presente na Feira Internacional de Urbanismo e Medio Ambiente, durante a que se deron a coñecer os premios, cun stand propio durante catro días, difundindo a imaxe dunha cidade moderna que aposta pola sustentabilidade medio ambiental. En dito stand, instalouse unha reportaxe fotográfica da cidade e un vídeo onde se plasman diversos aspectos da limpeza e a recollida de lixo en lugares destacados da vila, xunto coa maqueta gañadora do concurso de reciclaxe que o Concello convocou entre os centros de ensino.

O ALCALDE FELICITA ÓS VECIÑOS POR ESTE PREMIO, E POLO SEU TRABALLO EN PROL “DUNHA CIDADE MELLOR”

O Concello felicitou ós veciños e veciñas pola consecución deste galardón, e agradeceu “a súa implicación na procura dunha cidade mellor e máis atractiva para os que aquí vivimos e para as persoas que nos visitan”. Pola súa parte, o sindicato UGT-Lemos, entre outros colectivos, congratulouse deste galardón concedido á cidade de Monforte.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Demografía e sector agrogandeiro entran en xogo na colaboración entre administracións

Seguinte Nova

O nó loxístico de Monforte, “espazo fundamental para o desenvolvemento de Galicia”

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss