Monforte acollerá cursos remunerados para desempregados

Segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego

Os cursos do Pacto Provincial polo Emprego impartiranse en Monforte, Viveiro e Lugo, e estarán vinculados coa atención sociosanitaria e a dependentes, ó medio ambiente, e ás tecnoloxías da Información e a Comunicación. Arquivo EC.

Un total de 22 accións formativas de 13 temáticas diferentes compoñen o novo programa do Pacto Provincial polo Emprego, impulsado por segundo ano consecutivo pola Deputación de Lugo, e que buscar facilitar a inserción laboral de 340 parados lucenses ofrecéndolles formación teórica e prácticas nos xacementos de emprego da provincia.

“UTILIZAR TODOS OS RECURSOS PARA XERAR EMPREGO”

Segundo informou o presidente provincial, Gómez Besteiro, na presentación do programa, esta iniciativa está dotada de 618.000 euros, dos que a Unión Europea achega o 80%. Besteiro indicou que “para a Deputación sempre foi, e segue sendo, unha obsesión utilizar todos os recursos posibles para xerar dinámicas de emprego, porque non nos queremos quedar impasibles ante a difícil situación do desemprego en Lugo”, que en maio acadou a cifra de 27.591 desempregados, un 21% máis que en maio de 2011. Respecto a este dato, Besteiro amosou a súa “sorpresa ó ver como o Goberno central recortou nun 56% o orzamento para políticas activas de emprego”. O mandatario provincial expresou a intención do seu goberno de facilitar que os lucenses en paro atopen traballo “grazas á boa xestión que fixemos dos fondos europeos”, polo que de inmediato comezarán os cursos deste novo programa.

PROFESIÓNS DE MAIOR POTENCIAL E RESISTENTES ANTE A CRISE

Poderán beneficiarse destas iniciativas formativas calquer desempregado procedente dos municipios da provincia agás Lugo (que conta con programa propio). Os participantes recibirán, de xeito totalmente gratuito, formación teórica nas profesións “de maior potencial de desenvolvemento e que mellor están a resistir a crise”. Asimesmo, os participantes realizarán práticas en asociacións e empresas lucenses de sectores estrictamente vinculados con estas áreas.

TIPOLOXÍA DOS CURSOS E AXUDA

Os cursos, para cuxa inscripción remata o prazo o 30 de xuño, levaranse a cabo nas áreas de influciencia de Monforte de Lemos, Viveiro e Lugo. Ofertaranse, entre outros, cursos de coidador de discapacitados físicos e psíquicos, dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil-xuvenil, produtor de hortalizas ecolóxicas, instalador de impermeabilización, xestión comercial das ventas, e administración de servidores e páxinas web. Os participantes recibirán durante o período formativo, teórico e prático, unha axuda en torno ós 400 euros, compatible coa prestación por desemprego ou con outras axudas públicas con esta finalidade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O programa Km0 xerou, dende a súa posta en marcha, un volume de negocio de 1,5 millóns de euros na provincia de Lugo, con 35.000 participantes

Seguinte Nova

Participación do Club Ciclista Monforte no Campionato Galego de BTT Maratón en A Peroxa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: