
O Residencia alzouse como campión da XXIX Copa Deputación tras derrotar ao S.D. Chantada por 2 goles a 1 nun apaixonante encontro seguido por case un milleiro de afeccionados que se desprazaron ata o campo da Pinguela en Monforte para presenciar o partido. Esta segunda final xogouse entre os equipos clasificados tras unha fase previa na que participaron 22 equipos de Preferente e Primeira Autonómica. Na competición organizada pola Federación Galega de Fútbol e patrocinada pola Deputación, participaron 88 clubs de fútbol das categorías 1ª, 2ª, 3ª autonómica e Preferente autonómica, que representan, case o 95 % dos equipos da provincia.

Disputouse tamén a final da IV Copa Feminina, que contou coa participación de catro equipos, un máis que na pasada edición. A final disputárona o Milagrosa e o Peluquería Mixta Friol, que resultou gañador, por 4 goles a 0.
O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, e responsable da Área de Deporte, manifestou a súa satisfacción polo alto grado de participación nesta competición e polo alto nivel de xogo despregado polos equipos finalistas.