O alcalde de Sober, recibido pola Conselleira de Sanidade

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, recibiu no seu despacho en Santiago de Compostela ó alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. GPCS.

Neste encontro, a titular autonómica falou co rexedor soberino do balance de actividades do Hospital Comarcal de Monforte dende 2008 a 2011. Rocío Mosquera transmitiu ao responsable municipal que a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde “están comprometidos en garantir a mellor atención sanitaria aos enfermos de Sober”, tanto dende a atención no centro de saúde coma na atención especializada no hospital.

Transferencia do centro de saúde ó Sergas

Pola súa parte, Luis Fernández Guitián solicitou á Conselleria o impulso para a transferencia ó Sergas do centro de saúde de Sober, do que xa se firmou un convenio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Dende o 2 de xullo Sober contará cun Punto Limpo

Seguinte Nova

Sober, concello comprometido co medio ambiente

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss