
Na última xuntanza de Círculos e Casinos de Galicia, unha ducia de membros do Círculo Saviñao participou nos actos programados desta celebración. Tras unha visita ó Museo das Mariñas, dirixíronse á igrexa de San Francisco, onde se celebrou unha misa cantada pola Coral de Betanzos e se realizou a ofrenda anual da Federación.Logo dunha visita guiada ás igrexas de Santa María e de Santiago, compartiron un xantar no pavillón municipal.