O Club Natación Monforte arrasa con 16 medallas no Campionato Galego de Alevín

Foto de familia dos membros do Club Natación Monforte que gañaron medalla no Campionato Galego Alevín. CNM.

16 medallas dunha tacada é o premio ó traballo e ó esforzo deste grupo de 11 medallistas pertencentes ó Club Natación Monforte. Logo dun ano de intensa dedicación e con moita ilusión, este grupo de rapaces e rapazas acudiron ó Campionato Galego de categoría alevín, e volveron a Monforte cun éxito extraordinario.

GRAN ADICACIÓN DOS RAPACES E EXCELENTE TRABALLO DO ENTRENADOR

“Dende que son directivo deste club, nunca chegara a un campionato galego un número tan alto de nadadores”, destaca José Manuel Martínez, directivo do Club Natación Monforte, que explica estes excelentes resultados “grazas á dedicación dos rapaces e ó traballo de Pablo Diéguez, o noso entrenador, que fixo posible que chegaran tantos nadadores á competición galega dentro dunha mesma categoría”.

16 MEDALLAS NUN CAMPIONATO ONDE SE BATERON 6 RECORDS GALEGOS

A alegría de meter un gran número de nadadores no Campionato Galego viuse culminada pola consecución desta inusual cifra de medallas. “Acadar 16 medallas competindo a nivel galego é algo moi importante”, sinala Martínez, “xa que o nivel e o grao de competitividade é moi alto”. O logro dos nadadores do Club Natación Monforte resulta todavía máis significativo “se se ten en conta o altísitmo nivel do Campionato neste ano, onde se batiron nada menos que 6 records galegos, e de 24 equipos participantes o noso Club quedou en 4ª posición”, comenta con satisfacción Martínez. Os nadadores que conseguiron medalla no Campionato Galego Alevín foron Uxía García Rodríguez (Ouro en 400 Libres e Ouro en 200 Libres), Sandra Suñer Díaz (Prata en 400 Libres e Bronce en 400 Estilos), Pablo Valcarce Domínguez (Ouro en 100 Costas, Prata en 400 Libres e Ouro en 400 Estilos), Iago Casar Cocheteux (Ouro en 100 Braza, Ouro en 200 Estilos e Prata en 400 Estilos), Patricia González Blanco (Prata en 200 Estilos), Brenda Martínez Pulido (Bronce en 200 Mariposa), Relevo Feminino 4×200 Libres (Bronce), Aldara Pozo Rodríguez (Bronce en 800 Libres), Relevo Feminino 4×100 Libres (Bronce), Relevo Femenino 400×100 Estilos (Prata).

PRÓXIMAS CITAS: CAMPIONATO DE ESPAÑA EN CÁDIZ, E CAMPIONATO GALEGO INFANTIL EN OURENSE

Este bo facer culminará dentro duns días, cando cinco dos nadadores que acudiron á proba galega participen no Campionato de España, que se celebrará en Cádiz do 6 ó 8 de xullo. Participarán nesta proba nacional Uxía García Rodríguez, Sandra Suñer Díaz, Pablo Valcarce Domínguez, Iago Casar Cocheteux e Patricia González Blanco. Asimesmo, o nadador Javier Martínez Argiz competirá o 7 e 8 de xullo no Campionato Galego Infantil en Ourense.

Os cinco medallistas que competirán en Cádiz polo Campionato de España de Natación Alevín. CNM.

BOA CANTEIRA QUE ESTÁ A CREAR ESCOLA NA COMARCA DE LEMOS

En canto á repercusión destes logros deportivos, Martínez sinala con satisfación que ó feito de conseguir medallas e competir a alto nivel “atrae á xente ó Clube”. No Club Natación Monforte contan con seccións de benxamín, alevín e infantil, e tamén de masters, os veteranos, e o número de socios ronda o medio centenar. “A verdade é que entusiasmo e esforzo non nos faltan”, sinala Martínez, “aínda que non viría mal contar con algo máis de diñeiro no Club, porque a verdade é que estamos a lograr uns resultados extraordinarios”. O brillo das medallas percíbese ben dende fóra e isto contribúe ó fortalecemento do Clube. “Dende o ano pasado estamos a funcionar cun acordo coa xestora da piscina municipal, e dende alí estannos a chegar moitas solicitudes de pais e nais que se interesan por incluir ós seus fillos no noso Club”, comenta Martínez. O directivo do Club Natación Monforte explica que “loxicamente, unha cousa é nadar ben e outra competir, polo que estamos a establecer un curso previo para aqueles rapaces e rapazas interesados e, se vemos que hai avances, ir incluindo ós nadadores na disciplina do Club”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentado en Lugo o Programa EMEGA para favorecer o emprendemento feminino

Seguinte Nova

A Asociación Veciñal do Saviñao denuncia o deterioro de diversas estradas polas obras de Seteventos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss