Nesta iniciativa, desenvolvida polo Igape dentro do Impulsa Lugo e coa colaboración do Grupo GDR 6- Asociación Os Sete Castros, abordáronse as nocións básicas sobre as que debe basearse un proxecto empresarial, a figura do empresario e os recursos e ferramentas que a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, de BIC Galicia e de Xesgalicia pon a disposición das persoas que estean dispostas a poñer en marcha un negocio. Outro dos obxectivos do seminario foi difundir como se xeran as ideas empresariais ou o de rachar mitos arredor da figura do emprendedor, amosando a través de experiencias persoais de emprendedores galegos que calquera persoa coa debida motivación, con esforzo e asesoramento idóneo, pode desenvolver un proxecto empresarial.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de
•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Lorenzo López, empresario dunha cadea hoteleira en Canarias, con raíces en Pantón, está rehabilitando o
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música