O programa Km0 xerou, dende a súa posta en marcha, un volume de negocio de 1,5 millóns de euros na provincia de Lugo, con 35.000 participantes

A Deputación ideou esta iniciativa co obxectivo de aproveitar a potencialidade do medio ambiente para dinamizar a economía da provincia. Un total de 375 asociacións participaron en 736 rutas dende setembro de 2008. Dos preto de 1,5 millóns de euros de volume de negocio xerado, un total de 1,1 foron beneficios directos para as preto de 250 empresas colaboradoras, todas PEMES e autónomos, que dan emprego directo a máis de 1.370 persoas en sectores estratéxicos da economía lucense, como son a hostalería, o comercio, a artesanía ou o turismo. O importe restante, preto de 340.000 euros, correspóndese co gasto indirecto dos participantes en paradas aleatorias, a parte das paradas previstas nas rutas de Km0.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Gaspar Pérez Carnero, novo Presidente do Club Lemos

Seguinte Nova

Monforte acollerá cursos remunerados para desempregados

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: