San Vicente do Pino recupera os seus retablos logo do proceso de restauración do templo

A igrexa de San Vicente do Pino de Monforte de Lemos recuperará en breve o seu conxunto artístico coa recolocación dos retablos de San Bieito e o Santo Cristo que foran retirados para proceder a realizar obras de restauración no templo.

REMATE DO PROCESO DE RESTAURACIÓN

Segundo comunicou Raquel Arias, “en menos de dous meses recuperará todo o seu esplendor un dos principais expoñentes do patrimonio monumental do sur da provincia”. Con esta actuación finalizará o proceso de intervención no templo desenvolvido pola Consellería de Cultura, que restaurou a cabeceira da igrexa e o cruceiro así como os retablos (que presentaban problemas de humidade), por un importe global de 340.990 euros. A recolocación dos devanditos retablos como estruturas autoportantes estables (cos mínimos anclaxes aos muros), e a realización de dúas mesas de altar novas, suporá un investimento de 12.862 euros.

POSTA EN VALOR DA CULTURA E REPERCUSIÓN NO TURISMO

Con respecto a este proceso, a delegada territorial da Xunta en Lugo suliñou que “a restauración e conservación do noso patrimonio arquitectónico e monumental é unha prioridade para a Consellería de Cultura, pola posta en valor dos seus valores culturais e históricos e porque, ademais, convértese nun recurso turístico de primeiro orde”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

E-commerce para mulleres en Monforte

Seguinte Nova

O maxistrado do Tribunal Supremo, Román García Varela, recibe a Medalla Castelao

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss