Severino Rodríguez defendeu en Santiago o mantemento da Área Sanitaria de Monforte

Nos vindeiros meses, Sanidade tomará a decisión sobre o mantemento da Área Sanitaria de Monforte. Arquivo EC.

O pasado 19 de xuño Severino Rodríguez mantivo unha reunión coa Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para falar sobre o futuro da Área Sanitaria de Monforte e sobre os servizos e investimentos vinculados ó Hospital Comarcal. Segundo manifestou o rexedor local trala reunión, a titular de Sanidade explicou que sobre a continuidade da Área Sanitaria de Monforte aínda non hai unha decisión firme. Rocío Mosquera indicou que están a avaliar os resultados obtidos nas áreas onde se ten aplicado o novo decreto e, unha vez rematada dita valoración e según os datos obtidos, nos vindeiros meses tomarase unha decisión sobre a Área de Monforte.

NON HABERÁ UCI POLA CRISE ECONÓMICA

En canto ós investimentos previstos para o Hospital Comarcal, a titular de Sanidade explicou ó Alcalde que a dotación do mamógrafo dixital está en fase de concurso, xunto con outros cinco para outros hospitais galegos, e se espera que poida estar operativo en Monforte antes de final de ano. Por outra banda, a conselleira de Sanidade transmitiulle ó rexedor monfortino que non será posible pór en marcha a UCI do Hospital Comarcal dada a actual situación económica.

SOBRE AS REFORMAS DO EDIFICIO DO HOSPITAL

Outro dos asuntos que abordou Severino Rodríguez na reunión con Rocío Mosquera foi o compromiso de financiar con 400.000 euros diversas reformas que afectan á estrutura do edificio hospitalario. Segundo anunciou o rexedor local, a titular de Sanidade manifestou que ninguén lle transmitira ese compromiso nin a necesidade das reformas, brindándose a estudar a súa realización en caso de ser necesarias. En canto ós servizos, Rocío Mosquera manifestou a Severino Rodríguez o seu convencemento de que o Hospital Comarcal de Monforte “funciona ben” e o seu “compromiso coa mellora dos servizos que presta”.

“CORDIAL” REUNIÓN QUE NON DISIPA AS DUDAS SOBRE O FUTURO DA ÁREA SANITARIA

O Alcalde de Monforte cualificou de “cordial” a reunión coa Conselleira e que serviu “para avanzar algunhas melloras do Hospital Comarcal”, aínda que expresou a súa “preocupación” sobre o futuro do mantemento da Área Sanitaria. Severino Rodríguez lamentou asimesmo a “rotunda negativa” da titular de Sanidade á posta en marcha da UCI do Hospital monfortino.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O escritor chantadino Xosé Lois García, premio de Teatro Varela Buxán

Seguinte Nova

Fin de curso na Casa da Cultura de Bóveda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss