Sober, concello comprometido co medio ambiente

Un grupo de veciños soberinos visitaron en Cerceda (A Coruña) o complexo medioambiental de Sogama

O grupo de veciños soberinos trala súa visita ó complexo medioambiental de Sogama, acompañados do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. GPS.

Medio centenar de veciños de Sober visitaron a mediados de xuño as instalacións de Sogama en Cerceda (A Coruña). Acompañados polo alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento deste complexo medioambiental, onde se centraliza o tratamento deboa parte dos residuos xerados na nosa Comunidade.

“SEGUIR CONSERVANDO O MAGNÍFICO ENTORNO NATURAL DE SOBER” POLA CONCIENCIACIÓN CO MEDIO AMBIENTE

Antes de iniciar a visita guiada polas instalacións, o grupo de visitantes soberinos mantivo un encontro co presidente de Sogama, Luis Lamas, quen os animou a seguir conservando “o magnífico entorno natural do que teñen o privilexio de disfrutar día a día”, animándoos, ademais, a que o fagan “desde a plena acción, apostando por un consumo responsable, polo máximo aproveitamento dos produtos e pola separación de residuos en orixe” para posibilitar o seu posterior reciclado.

FORTE IMPLICACIÓN DO CONCELLO NO EIDO MEDIOAMBIENTAL

Dende Sogama, destacaron a “forte implicación” do Concello de Sober na acción e na prevención en favor do medio ambiente, ao vir participando en diversas actividades e proxectos vinculados a este fin. Agora mesmo, Sober está integrado no programa de compostaxe doméstica, no que participan un total de 40 familias soberinas. Persoal municipal está a supervisar a labor que estas familias voluntarias están a realizar no aproveitamento de residuos orgánicos para a elaboración de compost, asesorando e ofrecendo solucións ás consultas que queiran realizar.

REPARTO DE BOLSAS PARA SEPARAR OS RESIDUOS

Asimesmo, nas oficinas municipais os veciños de Sober poden adquirir de xeito gratuito un kit de tres bolsas de rafia para a correcta separación dos residuos. A bolsa azul destinarase ó papel e cartón, a bolsa verde para o vidro, e por último, a bolsa amarela recollerá os envases de plástico, bricks e latas. O xogo de bolsas será entregado xunto cun folleto explicativo para saber separar o lixo e coñecer a importancia, económica e medioambiental, deste xesto.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcalde de Sober, recibido pola Conselleira de Sanidade

Seguinte Nova

Constituido o novo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: