70 bolsas de emprego en Europa para titulados lucenses dentro do Plan de formación europeo Leonardo da Vinci

Gómez Besteiro presentou as novas becas, acompañado de Andrea Campillo e Wenceslao Posada, dous dos beneficiarios das primeiras becas medioambientais Lug02, que falaron da súa experiencia formativa en Europa. GPDL.

Nestes días presentáronse as becas que a Deputación de Lugo impulsa a través do Programa de Formación Leonardo da Vinci, cun orzamento de 309.000 euros (financiados nun 70% con fondos europeos) para que 70 beneficiarios lucenses con titulación universitaria ou titulados na EIS de Lugo poidan facer práticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido durante tres meses. “É necesario impulsar iniciativas que favorezan a inserción laboral dos máis novos, porque son un dos sectores máis castigados polo paro, sobre todo en Lugo, onde un 21% dos desempregados rexistrados en xuño son menores de 30 anos”, suliñou o presidente provincial durante a presentación das becas.

BOLSAS PARA UNIVERSITARIOS

Estas 70 bolsas, a custe cero, repártense baixo dúas categorías; por un lado, as Lugojob, solicitadas pola Deputación, ofertan 50 prazas dirixidas a lucenses menores de 35 anos cunha titulación universitaria acadada nos últimos catro anos e que estén desempregados. A titulación deberá estar relacionada co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. As práticas realizaranse durante 3 meses e medio en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.

BOLSAS A TITULADOS POLA EIS DE LUGO

Pola súa parte, as 20 bolsas Ticlugo, xestionadas pola Fundación TIC, destínanse ós titulados da Escola de Imaxe e Son de Lugo. Son as primeiras becas que oferta a TIC no estranxeiro, e para optar a elas os solicitantes deben ter rematado nos últimos tres anos os estudos de Produción ou Realización de Radio, Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son. A formación será de tres meses en empresas de Belfast, Modena e Lisboa.

EN SETEMBRO ÁBRESE O PRAZO DE INSCRIPCIÓN

A información sobre o Programa de Formación Leonardo da Vinci pode atoparse na web www.deputacionlugo.org, onde se explican todos os detalles e se ofrecen os números de teléfono e e-mails para realizar as consultas oportunas. En setembro publicaranse as bases de selección e, inmediatamente, abrirase o prazo para inscribirse. No mes de outubro desenvolverase o proceso de selección e publicarase a lista de admitidos e excluidos na web da Deputación de Lugo. Xa en novembro, tramitarase a documentación para que os seleccionados poidan partir en xaneiro ó destino, onde permanecerán ata finais de maio ou principios de xuño. Aprendizaxe de idiomas, adquirir outra cultura laboral e “seguridade persoal cara ó traballo”, experiencia “valiosísima” para o currículo son algunhas das reflexións de Andrea Campillo e Wenceslao Posada, bolseiros en Alemaña na primeira edición das becas Lug02, que valoran asimesmo o feito de que as becas “alivian o risco económico para os mozos que queren formarse fóra”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

NOITES DE LECER PARA MOCIDADE E PÚBLICO INFANTIL EN MONFORTE

Seguinte Nova

A Xunta decreta a prohibición de queimas ata o 30 de setembro

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss