A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra en Monforte acolleu as catas para os Distinguidos Gallaecia e Excelencia 2012

A cata correspondente ós viños desta Denominación tivo lugar o día 10, cunha participación superior á de o ano pasado. Para os premios Distinguidos Gallaecia, convocados pola Asociación de Sumilleres de Galicia, e para os galardóns Excelencia 2012 da Asociación Galega de Catadores, a Ribeira Sacra presentou un total de 80 mostras, fronte ás 70 do ano pasado. As mostras desta edición corresponden a 62 de tinto, das cales 9 foron de barrica, e 18 de branco. Proximamente, daranse a coñecer os resultados dos premios Excelencia 2012, así como os seleccionados para a cata final dos Distinguidos Gallaecia, que se celebrará na Coruña a comezos do mes de setembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Remata a colocación das novas sinais de acceso á Ribeira Sacra dende a capital ourensá

Seguinte Nova

ICOS abrirá en Chantada a súa primeira tenda agraria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: