A Consellería do Medio Rural e do Mar anunciou que están prohibidas as queimas dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro. Deste xeito, queda totalmente prohibido realizar queimas nos montes galegos durante este período de tempo. Segundo explicaron os responsables da Consellería, esta é unha medida preventiva que se adopta todos os anos ao comezo da tempada de alto risco de incendios forestais, debido á previsión de altas temperaturas típicas da época estival. Asimesmo, dende Medio Rural pediron a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar os acordos cos que mobiliza
O concello de Pantón aprobou na última sesión plenaria o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño Sil
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a