O rescate á banca e os recurtes no estado do benestar foron os temas do acto político celebrado en Monforte a comezos de xullo, coa participación do candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Francisco Jorquera. O portavoz do BNG no Congreso dos Diputados considerou “moi positivo” que o poder xudicial actúe para depurar as responsabilidades dos directivos das distintas entidades financeiras (caso de Rodrigo Rato) mais sempre “sen esquecérmonos do fundamental: que se establezan as responsabilidades políticas”.
“É INDECENTE QUE O POBO TEÑA QUE PAGAR OS BALANZOS DA BANCA ALEMÁ E FRANCESA”
Diante da resistencia do Goberno central e autonómico a constituir unha comisión de investigación sobre este tema, Jorquera denunciou que “o PP actúa como se tivese moito que agachar e como se quixese amparar alguén”. Por outra banda, para o candidato do BNG á presidencia da Xunta, o rescate ao Estado español non é máis que o rescate aos bancos alemás e franceses, principais acreedores da banca española. “É indecente que para sanear os balanzos da banca francesa e alemá se vaia producir un deterioro brutal nas condicións de vida do pobo”, explicou Jorquera.