José Manuel Barreiro defende as reformas do Goberno “para asegurar o noso Estado do Benestar”

O político lucense, portavoz do PP no Senado, participou no Curso de Verán da Complutense “Nuevos horizontes tras la crisis económica”, celebrado en San Lorenzo del Escorial

José Manuel Barreiro, durante a súa participación no curso “Nuevos horizontes tras la crisis económica”, da Universidade Complutense de Madrid, xunto á coordinadora do curso, a senadora do PP por Valladolid, Ana Torme. GPS.

O lucense José Manuel Barreiro, portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, impartiu a conferencia titulada “El Futuro del Estado de Bienestar”, dentro do programa de cursos de verán da Universidade Complutense de Madrid. Durante a súa intervención, Barreiro afirmou que a actual crise económica enfrentounos á necesidade de adoptar reformas estructurais que garanticen o futuro deste modelo, combinando a sostibilidade presupuestaria coas prestacións fundamentais do Estado de Benestar.

CRÍTICA Ó GOBERNO SOCIALISTA

Asimesmo, o portavoz do PP no Senado aproveitou para criticar ó Goberno anterior, dicindo que “a perda de confianza e da credibilidade da economía española é a consecuencia última da herencia económica do Goberno socialista”.

“NECESIDADE” DE MELLORAR A EFICIENCIA NOS SERVIZOS PÚBLICOS

José Manuel Barreiro suliñou a “necesidade” de mellorar o funcionamiento e a eficiencia dos servizos públicos, especialmente no que respecta á Sanidade e á Educación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Presentada a VI Edición do Certame de Investigación Lingüística Condado de Pallares

Seguinte Nova

2 millóns de euros para as infraestruturas no rural do sur de Lugo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: