Monforte, capital galega do triatlón de menores

O entorno das rúas próximas á Compañía serviron de circuito para a proba ciclista do Campionato Galego de Triatlón de Menores. EC.
Dende o embarcadoiro do Parque dos Condes ata a ponte nova disputouse a proba de natación integrada no triatlón. EC.
No Parque dos Condes habilitouse un circuito para a realización da proba de carreira a pé do triatlón. EC.

Un total de 140 participantes competiron polo Campionato Galego de Triatlón en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete masculino e feminino, que se disputou en Monforte o pasado 7 de xullo. Esta proba, que reúne ciclismo, natación e carreira, desenvolveuse en varios espazos urbáns. Así , as probas de natación partiron do embarcadoiro do Parque dos Condes ata aponte nova; a carreira en bici arrincou do aparcadoiro do Parque dos Condes cara ás rúas Compañía e Reboredo, ata o cruce con San Lázaro, lugar do xiro para volver por Reboredo, Dalmiro de la Válgoma e Escultor Francisco Moure; e por último, a carreira a pé partiu do Parque dos Condes e discorreu polo entorno do aparcadoiro e o campo de herba sintética do Colexio P.P. Escolapios.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Guímaro Motor compartiu en Brollón unha xornada de 4×4 con Special Olympics

Seguinte Nova

O grupo de Salcedo Aires da Poxa recibiu o CD “Con ton e son”

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss