NOITES DE LECER PARA MOCIDADE E PÚBLICO INFANTIL EN MONFORTE

Comeza a nova edición das Noites Alternativas e Noites Abertas

O programa adicado á mocidade céntrase en actividades relacionadas coa cultura urbana, mentres que as Noites Abertas para o público infantil ofrecerá unha ampla gama de obradoiros e xogos

Pilar López, concelleira de Xuventude en Monforte. Arquivo EC.

Durante o mes de xullo estanse a desenvolver as actividades do programa Noites Alternativas, unha iniciativa xa tradicional no verán de Monforte promovida polo Concello de Monforte.

BREAKDANCE, SKATEBOARD, TÉCNICAS DE DJ, OU GRAFFITI

Destinado á mocidade, este programa Noites Alternativas ofrece obradoiros que abarcarán diversos aspectos da cultura urbana, como breakdance, beatbox, skateboard, turntablism e graffiti. Este obradoiros son impartidos por integrantes da asociación cultural “Vella Escola”, co obxectivo de que os participantes aprendan, entre outras habilidades, técnicas básicas dun DJ de Hip Hop, poidan iniciarse na danza de rúa máis acrobática, ou facer acompañamento musical con sons xurdidos da boca.

A PARTIR DAS DEZ DA NOITE EN TRES BARRIOS

Estes obradoiros xa comezaron a principios deste mes, e continuarán os días 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de xullo. En canto ós barrios nos que se realizarán as actividades, os xoves serán na Praza da Estación, os venres na Praza de Carude, e os sábados na rúa do Cardeal. As actividades desenvolveranse entre as dez e as doce da noite.

DO 24 DE XULLO Ó 8 DE AGOSTO, PROGRAMA PARA OS MÁIS CATIVOS

Para os máis cativos, o Concello de Monforte promove o programa Noites Abertas, que integra unha serie de obradoiros e xogos desenvolvidos por Cruz Vermella. Estas actividades realizaranse de martes a sábado, tamén na rúa Cardeal e na Praza da Estación, a partir do día 24 de xullo e ata o día 8 de agosto, entre as dez e as doce da noite.

PATINAXE, OBRADOIROS DE MANUALIDADES, XOGOS DE PS2 E PS3, KARAOKE E SCALEXTRIC, ENTRE OUTRAS ACTIVIDADES

Os responsables de Cruz Vermella comentaron na presentación que o programa incluirá xogos tradicionais, como oca, zancos, hundir la flota, chapas, aros e karaoke os días 24 (no Cardeal), 26 (na Estación) e 31 de xullo (no Cardeal), e o 2 de agosto (no Cardeal). Haberá obradoiros de abalorios con pasta e cápsulas de nespresso o día 27, e o sábado 28 haberá un scalextric no Cardeal. Os mércores 1 (na Estación) e 8 de agosto (no Cardeal) desenvolveranse xogos dixitais de PS2, PS3, WiFit e karaoke. Por outra banda, o día 3 de agosto (no Cardeal), desenvolveranse obradoiros de botes con sal de cores e e cadros con area coloreada. Tamén no Cardeal, xa o sábado día 4, haberá un circuito de iniciación á patinaxe, e outro para xa iniciados. Na estación, o martes 7 de agosto, desenvolveranse obradoiros de cestería con cartón e maquillaxe de caras.

“OCIO GRATUÍTO E PARA VARIAS IDADES”

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude, Pilar López, agradeceu a colaboración de Adif e o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo para poñer en marcha estas actividades, salientando que as Noites Alternativas “están pensadas para ofrecer outro tipo de ocio, totalmente gratuíto e para un amplo abano de idades, de xeito que a nosa mocidade pase unha noite de ocio diferente ás doutros momentos do ano, e tamén ter un espazo distinto para os máis cativos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte encarga unha auditoría enerxética

Seguinte Nova

70 bolsas de emprego en Europa para titulados lucenses dentro do Plan de formación europeo Leonardo da Vinci

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Xornada de Convivencia

Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións

A %d blogueros les gusta esto: