O Concello de Monforte encarga unha auditoría enerxética

Os obxectivos, contemplados no Plan de Axuste aprobado no Concello e recomendados pola FEGAMP, son racionalizar o consumo enerxético para reducir o gasto e respectar o medio ambiente

Ante a sospeita dos alcaldes de que as compañías subministradoras de enerxía puideran estar cometendo abusos, a Federación Galega de Municipios e Provincias recomendou encargar auditorías enerxéticas a empresas independentes dos proveedores de enerxía. O Concello de Monforte ven de adxudicar este traballo á empresa Abante por un importe de 5.664 euros, IVE incluído, cunha duración dun ano. A empresa revisará as facturas e consumos eléctricos dos subministros de tódalas instalacións municipais, e elaborará recomendacións sobre actuacións destinadas a obter aforro económico. Esta medida súmase ás actuacións que xa leva desenvolvido o Concello para aforrar nos custes enerxéticos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte inviste 30.000 euros na mellora do firme de varias rúas

Seguinte Nova

NOITES DE LECER PARA MOCIDADE E PÚBLICO INFANTIL EN MONFORTE

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: